Main content

As semanas do 22 e do 30 de novembro planifícase por parte de PREDIF Estatal, en colaboración con TURGalicia, a Escola Superior de Hostelería e PREDIF Galicia, un curso de Turismo Accesible para operadores turísticos, orientado aos turistas con necesidades de accesibilidade.

Solicítase colaboración a PREDIF Galicia para a organización do curso e a participación do xerente para formar parte dunha mesa de turismo e boas prácticas en experiencias turísticas accesibles. Tamén solicítase colaboración do presidente PREDIF Galicia para participar, na semana do 30 de novembro, nunha mesa de experiencias accesibles dende o punto de vista do turista con discapacidade.

Ambos cursos tiveron unha gran demanda e non houbo plazas suficientes para satisfacela, polo que non se descarta a realización de futuros cursos en Galicia en relación ao turismo accesible.

Grupo de participantes en el curso para la obtención de la licencia de navegación en la puerta de la sede de la Federación Gallega de Motonáutica
PREDIF Galicia (PLATAFORMA REPRESENTATIVA ESTATAL DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE FÍSICA DE GALICIA) organiza un curso para a obtención da licenza de navegación en Vigo para persoas con discapacidade.

Este sábado 26 de novembro, PREDIF Galicia organizou un curso de formación para a obtención da “licenza de navegación” en colaboración coa Federación Galega de Motonáutica e coa asociación SODINAUTICA en Vigo. Este curso levouse a cabo con dous obxectivos principais: promover a igualdade de oportunidades, posibilitando ás persoas con discapacidade poder realizar este curso de maneira accesible e obter a licenza de navegación para gobernar embarcacións de recreo de ata 6 metros de eslora; e por outra banda, sensibilizar e concienciar ás empresas privadas e ás administracións públicas sobre a necesidade de que estes servizos sexan accesibles para todas as persoas. Aínda queda moito traballo por facer en materia de accesibilidade tanto nos portos deportivos como nos servizos que se prestan en xeral no ámbito do ocio e o turismo.