O programa de "Turismo Accesible" iniciouse en PREDIF no ano 2002. Xurde como consecuencia da reivindicación do noso colectivo, do seu dereito á autonomía e normalización tamén no ocio e o turismo.
PREDIF é hoxe un referente en materia de turismo accesible, preside a Comisión de Turismo e Ocio inclusivos do CERMI, e os seus protocolos e criterios no ámbito da accesibilidade son os consensuados por todo o sector da discapacidade.
O obxectivo principal deste programa é contribuír á normalización do turismo para as persoas con discapacidade.
Con este fin trabállase en dous ámbitos:
- Dirixido ao sector turístico, público e privado:.
- Dirixido aos usuarios, aos turistas con discapacidade.
Razóns para fomentar o turismo para todas as persoas
E un dereito que todos os cidadáns accedan, utilicen e disfruten dos entornos, bens, produtos e servizos turísticos.
E un factor de integración social.
A Accesibilidade é un elemento básico da calidade da oferta turística.
Non implica unha gran inversión económica.
E unha oportunidade de negocio: aumenta a cuota de mercado a 4 millóns de clientes potenciais en España e a 500 millóns no mundo.
As persoas con discapacidade son “multiclientes".
Favorece a desestacionalización do sector turístico.
Mellora a imaxe das empresas e do destino ao posicionarse como socialmente responsables.