Main content

O maior coñecemento da figura do Asistente Persoal por parte das persoas con discapacidade está a facer que a demanda de solicitudes de axuda na búsqueda de persoas formadas na nosa entidade se multiplique significativamente polo que nos parece moi urxente e prioritario poder realizar cursos de formación dende a nosa entidade para acadar una bolsa de emprego propia.

 

No ano 2023 Fundación Once concedeunos una prestación económica de 10.000€ para sufragar os gastos de formación de asistentes persoais dende a nosa entidade. Grazas a este axuda económica conseguimos formar a 15 persoas como asistentes persoais na nosa entidade.

 

 

No ano 2024 a Xunta de Galicia pretende axudarnos a formar a máis persoas subvencionando o programa de Formación en asistencia Persoal PREDIF Galicia a través da Conselleríade política social e xuventude co procedemento de concesión de axudas destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7€ do imposto sobre a renda física, cunha axuda de 12.157,96€.