Main content

PREDIF GALICIA (Plataforma representativa estatal de persoas con discapacidade física de Galicia) é unha organización, sen ánimo de lucro delegada en Galicia da Confederación PREDIF Estatal, conformada por tres grandes asociacións no ámbito da discapacidade no territorio de Galicia, que son: http://www.aspaymgalicia.org/, AUXILIA Lugo e http://sodinautica.es/. Na actualidade PREDIF Galicia ten o seu local social na Rúa Curtis, nº 10 baixo, 15009 A Coruña.

Entre as principais líneas de actuacións de PREDIF Galicia, podemos destacar as seguintes: mellorar a calidade de vida e a inclusión socio-laboral das personas con gran discapacidade física; prestar servicios, así como información e asesoramento ás personas con discapacidade física que o requiran; coordinar as actuacións das asociacións membros que leven a consecución dos seus obxectivos; servir de elemento de cohesión entre as diferentes asociación, para favorecer contactos, intercambios de información e boas prácticas sobre a súas respectivas actividades, programas e proxectos; desenrolar proxectos e programas específicos no ámbito do turismo, ocio e cultura accesible; e sensibilizar en xeral sobre a problemática e dificultades de inclusión socio-laboral das persoas con discapacidade física.

O desenvolvemento de esta entidade considérase un obxectivo fundamental a nivel estratéxico, estructural e organizativo, debido a necesidade que se detectou en Galicia de crear e consolidar unha entidade de referencia que:

  • Promova a cohesión e fortalecemento das asociacións federadas de persoas con gran discapacidade física na Comunidade Autonóma de Galicia.
  • Represente ás persoas con gran discapacidade física da CC.AA. de Galicia, e realice actuacións, programas e proxectos que promovan a igualdade de oportunidades e a inclusión socio-laboral e cultural das persoas con discapacidade.
  • Consiga un fortalecemento da estructura asociativa e federativa, implementado sinerxias e potenciando a replicabilidade das súas actuacións e proxectos.
  • Leve a cabo un novo plantexamento e dinamización de proxectos relacionados coa inclusión socio-laboral, o ocio e o turismo accesible, e a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade física
  • Organice a celebración de xornadas, congresos, mesas de traballo e outras actividades que promovan a igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade, así como a accesibilidade universal de maneira transversal.
  • Realice accións de sensibilización orientadas ao ocio e o turismo accesible para as persoas con discapacidade
  • Deseñe e imparta accións formativas e de emprego para persoas con discapacidade

É membro da http://www.predif.org/, que é unha entidades sen ánimo de lucro, de ámbito estatal, que representa e realiza programas a favor de máis de cen mil persoas con discapacidade gravemente afectadas, de forma directa e indirecta, promovendo accións en beneficio de todas as persoas con discapacidade física en España. Conta cunha experiencia, a través da súas Federacións e entidades membros, de máis de 30 anos. Foi declarada de utilidade pública polo Ministerio de Interior en virtude da Orde do 12 de febreiro de 2003.