Asistencia ao X Aniversario da Fundación ONCE para persoas Xordo-cegas
O 17 de marzo acudimos como invitados, no edificio da ONCE (A Coruña), á celebración do X Aniversario da Fundación ONCE para persoas Xordo-cegas.
Nesta presentación participaron o conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia, Xosé Manuel Rey; a directora Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García; o director Xeral de Inclusión, Arturo Parrado; o presidente de Foaps, Andrés Ramos; o delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan e o presidente do Consello Territorial, Carlos Fernández Lamigueiro, entre outras autoridades.
A día de hoxe 27 persoas de Galicia xordo-cegas se benefician da labor que a FOAPS está realizando en Galicia a través de 7 mediadoras. Este ano se levarán a cabo unha serie de actos por toda España para dar a coñecer a realidade de estas persoas co lema “Colle a miña man”.
Facemos entrega das Licenzas de Navegación no edificio da Deputación en Vigo
Firma Convenio de Colaboración con BASKETMI Ferrol
O 2 de febreriro firmamos un convenio de colaboración co equipo de baloncesto en cadeira de rodas BASKETMI de Ferrol.. A firma do convenio realízase na sede de PREDIF Galicia, ónde se desplazan representantes do BASKETMI. Este convenio ten como obxecto a realización de actividades conxuntas para difundir o deporte adaptado e sensibilizar a administracións públicas, e entidades privadas da necesidade de organizar actividades deportivas adaptadas, por unha banda, e de que os entornos e servizos sexan accesibles, pola outra.