Main content

Nova xornada de sensibilización de Asistencia Persoal organizada por PREDIF e PREDIF Galicia.

Celebrarase o  vindeiro 9 de outubro no Centro de Promoción de Autonomía Persoal do IMSERSO, camino da praia O Regueiro s/n, en Bergondo (A Coruña).

Inscipcións no seguinte link:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfeeN2oBg011aJ3Ch-6irWNLY3YzQ0i8F-ZxXNiY-TAy3eeKQ/viewform?fbclid=IwAR0Gvi8hck2yq9eJ_cnwJGbVMmY3f9sxOngEqwDSiWXWvy0_8A1i1a03taY

 

En Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Ou no teléfono 881 164 555

PREDIF Galicia, xunto coa compañía de teatro Grupo Chévere, vai a realizar unha función de teatro accesible para todas as persoas, coa obra “EROSKI PARAISO”. Con esta actividade, pretendemos dar a oportunidade a calquera persoa, independentemente das súas capacidades, poder desfrutar dunha obra de teatro accesible, nun espazo inclusivo no que todas as persoas poidan participar en igualdade de condicións.

Esta obra de teatro Accesible, subvencionada pola Deputación de A Coruña e pola Fundación ONCE, levarase a cabo no Teatro Colón, que cedeunos as súas instalacións para poder realizar esta actividade. Estivemos traballando en colaboración coas principais entidades representantes da discapacidade en Galicia, que son as que mellor coñecen as necesidades das persoas ás que representan. Para isto, contamos coa Federación de Asociacións de Persoas Xoradas de Galicia (FAXPG), que asesorounos nos aspectos relativos a discapacidade auditiva; coa ONCE de Galicia, que está colaborando activamente poñendo a nosa disposición os dispositivos de audio-descrición necesarios para que tamén poidan desfrutar de esta función persoas con discapacidade visual; e con Plena Inclusión Galicia, que colaborou con nós elaborando un díptico redactado en “lectura doada” para persoas con discapacidade cognitiva ou con problemas de comprensión lectora.

Tamén haberá un espazo amplo reservado para persoas con mobilidade reducida que se despracen en cadeira de rodas, polo que intentaremos que esta obra de teatro sexa o mais accesible posible, con dous obxectivos principalmente: posibilitar a todas as persoas, independentemente das súas necesidades de accesibilidade, o poder desfrutar dunha obra de teatro accesible nun espazo inclusivo compartido; e sensibilizar, tanto ás empresas como á Administración Pública e á sociedade en xeral, sobre a necesidade de que tamén no arte e na cultura, as contornas, bens, produtos e servizos deben ser accesibles para todas as persoas.

A entrada para poder desfrutar de esta función accesible será de balde, pero haberá que reservala a través da páxina web de "A Taquilla". No momento de facer a reserva, aparecerá un despregable no que se lle preguntará se ten algunha necesidade específica de accesibilidade.

ENLACE PARA REALIZAR A RESERVA DE ENTRADAS: http://bit.ly/2AV7iwe

Para mais información poden poñerse en contacto con nós a través do seguinte enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Cartel función EROSKI PARAISO del Grupo Chévere, con logos de colaboradores ONCE, Plena Inclusión, FAXPG y organiza PREDIF Galicia

A Coruña, 13 de outubro de 2017.- PREDIF Galicia (Plataforma Representativa Estatal de persoas con Discapacidade Física de Galicia) ofrecerá unha sesión fotográfica aberta e inclusiva os días 20 e 21 de outubro a través do proxecto “Todos somos modelos”.

A sesión celebrarase no Centro de Autonomía Persoal do Imserso en Fiobre – Bergondo (A Coruña) e ten como obxectivo contribuír a aumentar a autoestima e o autoconcepto dos participantes na actividade. É unha forma de que as persoas con discapacidade poidan experimentar a sensación de ser modelos por un día, constituíndo en si mesma unha actividade orientativa que axudará aos beneficiarios a descubrires se esta actividade gústalles, poidendo nun futuro decantarse incluso laboralmente de cara a este sector, tendo en conta que cada vez mais firmas en todo o mundo empezan a adoptar un enfoque inclusivo no que se teñen en conta as diferencias e a diversidade das persoas e os seus corpos. Neste senso, a día de hoxe xa se levaron a cabo desfiles de moda para persoas con discapacidade, xa que contribúe a normalizar ao coletivo de persoas con discapacidade e pode converterse incluso nunha oportunidade laboral nun futuro. Unha seleción das fotografías realizadas durante a sesión formarán parte duhna exposición posterior.

A actividade será desenvolvida pola Asociación Cultural Lemon y Coco e conta coa colaboración do Centro de Autonomía Persoal do Imserso en Fiobre – Bergondo e da Fundación Once.

PREDIF Galicia (Plataforma Representativa Estatal de Persoas con Discapacidade Física de Galicia) é unha organización sen ánimo de lucro, delegada en Galicia da Confederación PREDIF Nacional dende o ano 2000, conformada por tres importantes asociacións no territorio de Galicia: ASPAYM Galicia, AUXILIA Lugo e SODINAUTICA. Entre os seus obxectivos podemos destacar o promover e fomentar a igualdade de oportunidades e mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade. Todo isto a través do desenvolvemento de programas e actuacións concretas no ámbito do ocio, a cultura, o turismo e a asistencia persoal, sectores nos que PREDIF é referente. Actualmente PREDIF Galicia ten o seu local social na rúa Curtis, nº 10 baixo, 15009 A Coruña. 

As persoas interesadas en participar poden inscribirse gratuitamente no enderezo eletrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e no teléfono 607853560.