Main content

Os días 14, 15 e 16 de novembro, somos convidados por TURGalicia para formar parte dunha experiencia de turismo accesible, como unha das actividades deseñadas por PREDIF Estatal para dar a coñecer o PLAN DE TURISMO ACCESIBLE DE GALICIA, elaborado tamén por PREDIF Estatal.

Desplázanse a Santiago de Compostela para participar nesta experiencia o presidente e o xerente de PREDIF Galicia. Tamén acuden o presidente de PREDIF Estatal Fran Sardón, e a responsable de comunicación María Hernández.

O FamTrip consiste en realizar varias experiencias turísticas accesibles, tanto en itinerarios como nos lugares a visitar, nas cidades de Santiago de Compostela e Lugo.

Uns dos obxectivos da realización de este FamTrip é convidar aos operadores turísticos de Galicia e de fora de Galicia, especializados en planificar actividades turísticas, e que teñan en conta a accesibilidade no seu día a día, para dar a coñecer estas experiencias e recursos turísticos accesibles. Acuden entidades como Accesible Madrid, Cogami, FADEMGA e outros operadores turísticos, ademáis de representantes do Cluster de Turismo de Galicia.

 

A principios de setembro, tivemos coñecemento, a través dunha das entidades de PREDIF Galicia (ASPAYM Galicia), da celebración en A Coruña dunha Feira da Solidariedade o 16 de outubro, organizada pola plataforma Proxecto Enki, que está sustentada pola Fundación María Xosé Xove e Fundación ABRENTE. Esta Feira da Solidariedade, concretábase na organización dunha carreira solidaria, coa venta de dorsais para recadar fondos para levar a cabo proxectos sociais. Consultouse cos membros da Xunta Directiva de PREDIF Galicia, e decidiuse participar, chamando aos organizadores do evento. Respondéronnos positivamente, indicándonos que teríamos dispoñible un stand. Solicitáronse posters e cartelería a PREDIF Estatal, e adquiriuse material para o montaxe do stand.

Deixouse todo preparado e decidiuse poñer como centro de operacións a oficina, ónde acudiron o 16 de outubro a traballadora social e o chofer de ASPAYM Galicia, e o xerente de PREDIF Galicia xunto con dous voluntarios. A televisión, tablet e cableado para o stand conseguíronse mediante cesión; editáronse diferentes vídeos coas fotos das actividades realizadas ata o momento no ámbito do turismo accesible por PREDIF Galicia (Encontro de Patróns e Xornada con SODINAUTICA, celebración do Día Mundial do Turismo e Parapente para Todos).

A xornada foi un éxito de participación total, con preto de 3.000 corredores na carreira, participación de entidades da discapacidade como COGAMI, a ONCE, a FAXPG, ASPACE, etc., e moitas persoas achegáronse para informarse sobre Turismo Accesible e a aplicación TUR4All. Outras persoas achegáronse por curiosidade, explicándolles os programas, servizos e actividades que levamos a cabo.