Main content

O 7 de abril acudimos á Xornada de Asistencia Persoal organizada por AUXILIA Lugo. Nesta xornada invitouse, entre outros poñentes, a integrantes da oficina de Vida Independente de Galicia para, entre outras cousas, poñer de manifesto a necesidade que a día de hoxe, as persoas con discapacidade teñen de poder xestionar o servizo de manera autónoma e según as súas necesidades.

Ponse o acento no interés inicial da Xunta de Galicia para por en marcha, xunto con VIGalicia e outra entidade da discapacidade, un servizo de Asistencia Persoal que satisfacese tódalas necesidades de todos os colectivos interesados.

Tamén participaron nesta xornada Asistentes Persoais, familiares e outros beneficiarios deste servizo que deron o seu punto de vista, así como outros poñentes relacionados coa xestión do servizo de Asistencia Persoal, que explicaron a situación actual da Asistencia Persoal e diferentes alternativas de xestión do servizo.

 

O 30 de marzo acudimos á inauguración da 16 Bienal de Teatro da ONCE, que se leva a cabo en Galicia a través dunha serie de espectáculos teatrais interpretados por compañías de teatro nas que hai persoas con discapacidade (visual e outras). Na inauguración, que contou coa presencia do conselleiro de Política Social, Xosé Manuel Rey Varela, o delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, e o alcalde de A Coruña, Xulio Ferreiro, entre outras autoridades, púxose de manifesto a necesidade de que se siga traballando pola accesibilidade nos teatros.

A obra de teatro estaba audio-descrita e había dous intérpretes de lingua de signos nun dos laterais para que as persoas con discapacidade auditiva puidesen desfrutar da obra.

Solicítannos colaboración a través dunha das nosas entidades, para participar nunha mesa de Turismo Accesible nunhas xornadas de accesibilidade que impartirá EQUALITAS VITAE en colaboración con TURGalicia en Lugo e en Santiago de Compostela, os días 21, 22, 23 e 24 de marzo. Esta formación orientada a profesionais e responsables de establecementos turísticos, así como a guías turísticos e outros profesinais do sector, organizado por TURGalicia, enmárcase no proxecto Open Rutes.

Participamos para presentar a Guía do Camiño de Santiago Accesible, e a nova plataforma web TUR4All, así como algunhas actividades do noso programa de ocio e tiempo libre (náutica accesible, parapente para todos e voo a vela). Participamos nas  dúas edicións do curso, que se levaron a cabo en Santiago de Compostela (Escola Superior de Hostelería de Galicia) e en Lugo (Arquivo Histórico Nacional).