Main content

Celébrase a Xunta Directiva de PREDIF Galicia o 18 de xaneiro de 2017 en Lugo, na sede da entidade AUXILIA Lugo, que forma parte da nosa Federación. Repásanse tódalas actuacións levadas a cabo durante o exercicio 2016, e plantéxanse e planifícanse as actividades e os obxectivos prioritarios para o ano 2017.

O día 20 de decembro desplazámonos a Bergondo co motivo da asistencia á celebración do X Aniversario do Centro de Promoción da Autonomía Persoal (CPAP) do IMSERSO en Bergondo, ao que acuden tamén directivos de ASPAYM Galicia. ASPAYM Galicia, que pertence a PREDIF Galicia, está actualmente colaborando con este centro situado na provincia de A Coruña, a través do seu servicio de transporte adaptado. Participan neste acto o xerente e o secretario de PREDIF Galicia, así como a traballadora social e o presidente de ASPAYM Galicia. O acto lévase a cabo nun ambiente festivo e cunha alta participación e representación das administracións públicas.
 
Por outra banda, tivemos a oportunidade de falar co director Francisco Nieto Pol, e outros traballadores do centro, plantexando a posibilidade de levar a cabo actuacións conxuntas no ámbito do ocio e o turismo accesible.

Comimos nun restaurante en Cangas todos xuntos, Oswaldo deunos algunhas nocións sobre os distintos tipos de chalecos salvavidas e diferentes aspectos relacionados coa navegación, e partimos de volta.

Foi unha experiencia fenomenal de ocio e turismo acceisble, coñecendo a ría de Vigo dende o mar, e dando a oportunidade a personas con discapacidade de participar de esta experiencia turística, por unha banda, e de aprendizaxe e profundización na navegación accesible, por outra.