Acudimos á Xornada sobre Asistencia Persoal de AUXILIA Lugo
O 7 de abril acudimos á Xornada de Asistencia Persoal organizada por AUXILIA Lugo. Nesta xornada invitouse, entre outros poñentes, a integrantes da oficina de Vida Independente de Galicia para, entre outras cousas, poñer de manifesto a necesidade que a día de hoxe, as persoas con discapacidade teñen de poder xestionar o servizo de manera autónoma e según as súas necesidades.
Ponse o acento no interés inicial da Xunta de Galicia para por en marcha, xunto con VIGalicia e outra entidade da discapacidade, un servizo de Asistencia Persoal que satisfacese tódalas necesidades de todos os colectivos interesados.
Tamén participaron nesta xornada Asistentes Persoais, familiares e outros beneficiarios deste servizo que deron o seu punto de vista, así como outros poñentes relacionados coa xestión do servizo de Asistencia Persoal, que explicaron a situación actual da Asistencia Persoal e diferentes alternativas de xestión do servizo.
Asistencia á Bienal de Teatro da ONCE
O 30 de marzo acudimos á inauguración da 16 Bienal de Teatro da ONCE, que se leva a cabo en Galicia a través dunha serie de espectáculos teatrais interpretados por compañías de teatro nas que hai persoas con discapacidade (visual e outras). Na inauguración, que contou coa presencia do conselleiro de Política Social, Xosé Manuel Rey Varela, o delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, e o alcalde de A Coruña, Xulio Ferreiro, entre outras autoridades, púxose de manifesto a necesidade de que se siga traballando pola accesibilidade nos teatros.
A obra de teatro estaba audio-descrita e había dous intérpretes de lingua de signos nun dos laterais para que as persoas con discapacidade auditiva puidesen desfrutar da obra.
Participación nas xornadas sobre accesibilidade de Equalitas Vitae
Solicítannos colaboración a través dunha das nosas entidades, para participar nunha mesa de Turismo Accesible nunhas xornadas de accesibilidade que impartirá EQUALITAS VITAE en colaboración con TURGalicia en Lugo e en Santiago de Compostela, os días 21, 22, 23 e 24 de marzo. Esta formación orientada a profesionais e responsables de establecementos turísticos, así como a guías turísticos e outros profesinais do sector, organizado por TURGalicia, enmárcase no proxecto Open Rutes.
Participamos para presentar a Guía do Camiño de Santiago Accesible, e a nova plataforma web TUR4All, así como algunhas actividades do noso programa de ocio e tiempo libre (náutica accesible, parapente para todos e voo a vela). Participamos nas dúas edicións do curso, que se levaron a cabo en Santiago de Compostela (Escola Superior de Hostelería de Galicia) e en Lugo (Arquivo Histórico Nacional).