Main content

Tódolos anos PREDIF Galicia organiza e/ou colabora nunha serie de programas dirixidos ó ocio accesible e inclusivo:

1. OPEN PADEL EN CADEIRA DE RODAS PREDIF GALICIA:

Celebramos no ano 2017 o primeiro trofeo de pádel adaptado que se disputaba en Galicia e no ano 2018 alcanzamos realizar a I Edición Open PREDIF Galicia, proba puntuable para o campeonato nacional de pádel adaptado.

2. SUR ADAPTADO:

Actividade realizada anualmente con AUXILIA Lugo, asociación que forma parte de PREDIF Galicia, que consiste nunha xornada de ocio accesible dedicada o Surf na que os usuarios poden sentir o que é facer surf con independencia das súas discapacidades.

3. MONTA A CABALO ADAPTADA:

Actividade realizada anualmente con AUXILIA Lugo, asociación que forma parte de PREDIF Galicia, que consiste nunha xornada de ocio accesible e inclusiva co principal obxectivo é promover e fomentar a igualdade de oportunidades e a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade usuarias de AUXILIA Lugo montando a cabalo con independencia das discapacidades que cada usuario poida presentar.

4. TEATRO ACCESIBLE PARA TODXS:

Este proxecto denominado Teatro accesible para tódalas persoas faise anualmente con dous grandes obxectivos:

• Ofrecer unha función de teatro actual da que poidan gozar tódalas persoas independientemente das súas capacidades.

• Sensibilizar á sociedade en xeral da necesidade de que os teatros e os espacios onde se leven a cabo actuacións culturais deben ser accesibles e inclusivos. A de 2017 foi a primeira obra de teatro accesible para todas as persoas que se realizaba en Galicia. Para o seu fin todos os anos contratamos unha obra de teatro cunha compañía e contando coa súa colaboración e a de outras entidades representantes das persoas con discapacidade de Galicia, poñemos a disposición do público unha ou dúas función dotadas dun sistema de audio-descripción, intérpretes de lingua de sinos, unha sinopsis da obra editada en lectura doada, un amplo e accesible espazo para persoas en cadeira de rodas e se o permite a obra unha pantalla con subtitulado.