Main content

PREDIF Galicia, xunto coa compañía de teatro Grupo Chévere, vai a realizar unha función de teatro accesible para todas as persoas, coa obra “EROSKI PARAISO”. Con esta actividade, pretendemos dar a oportunidade a calquera persoa, independentemente das súas capacidades, poder desfrutar dunha obra de teatro accesible, nun espazo inclusivo no que todas as persoas poidan participar en igualdade de condicións.

Esta obra de teatro Accesible, subvencionada pola Deputación de A Coruña e pola Fundación ONCE, levarase a cabo no Teatro Colón, que cedeunos as súas instalacións para poder realizar esta actividade. Estivemos traballando en colaboración coas principais entidades representantes da discapacidade en Galicia, que son as que mellor coñecen as necesidades das persoas ás que representan. Para isto, contamos coa Federación de Asociacións de Persoas Xoradas de Galicia (FAXPG), que asesorounos nos aspectos relativos a discapacidade auditiva; coa ONCE de Galicia, que está colaborando activamente poñendo a nosa disposición os dispositivos de audio-descrición necesarios para que tamén poidan desfrutar de esta función persoas con discapacidade visual; e con Plena Inclusión Galicia, que colaborou con nós elaborando un díptico redactado en “lectura doada” para persoas con discapacidade cognitiva ou con problemas de comprensión lectora.

Tamén haberá un espazo amplo reservado para persoas con mobilidade reducida que se despracen en cadeira de rodas, polo que intentaremos que esta obra de teatro sexa o mais accesible posible, con dous obxectivos principalmente: posibilitar a todas as persoas, independentemente das súas necesidades de accesibilidade, o poder desfrutar dunha obra de teatro accesible nun espazo inclusivo compartido; e sensibilizar, tanto ás empresas como á Administración Pública e á sociedade en xeral, sobre a necesidade de que tamén no arte e na cultura, as contornas, bens, produtos e servizos deben ser accesibles para todas as persoas.

A entrada para poder desfrutar de esta función accesible será de balde, pero haberá que reservala a través da páxina web de "A Taquilla". No momento de facer a reserva, aparecerá un despregable no que se lle preguntará se ten algunha necesidade específica de accesibilidade.

ENLACE PARA REALIZAR A RESERVA DE ENTRADAS: http://bit.ly/2AV7iwe

Para mais información poden poñerse en contacto con nós a través do seguinte enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Cartel función EROSKI PARAISO del Grupo Chévere, con logos de colaboradores ONCE, Plena Inclusión, FAXPG y organiza PREDIF Galicia