A Coruña, 13 de outubro de 2017.- PREDIF Galicia (Plataforma Representativa Estatal de persoas con Discapacidade Física de Galicia) ofrecerá unha sesión fotográfica aberta e inclusiva os días 20 e 21 de outubro a través do proxecto “Todos somos modelos”.
A sesión celebrarase no Centro de Autonomía Persoal do Imserso en Fiobre – Bergondo (A Coruña) e ten como obxectivo contribuír a aumentar a autoestima e o autoconcepto dos participantes na actividade. É unha forma de que as persoas con discapacidade poidan experimentar a sensación de ser modelos por un día, constituíndo en si mesma unha actividade orientativa que axudará aos beneficiarios a descubrires se esta actividade gústalles, poidendo nun futuro decantarse incluso laboralmente de cara a este sector, tendo en conta que cada vez mais firmas en todo o mundo empezan a adoptar un enfoque inclusivo no que se teñen en conta as diferencias e a diversidade das persoas e os seus corpos. Neste senso, a día de hoxe xa se levaron a cabo desfiles de moda para persoas con discapacidade, xa que contribúe a normalizar ao coletivo de persoas con discapacidade e pode converterse incluso nunha oportunidade laboral nun futuro. Unha seleción das fotografías realizadas durante a sesión formarán parte duhna exposición posterior.
A actividade será desenvolvida pola Asociación Cultural Lemon y Coco e conta coa colaboración do Centro de Autonomía Persoal do Imserso en Fiobre – Bergondo e da Fundación Once.
PREDIF Galicia (Plataforma Representativa Estatal de Persoas con Discapacidade Física de Galicia) é unha organización sen ánimo de lucro, delegada en Galicia da Confederación PREDIF Nacional dende o ano 2000, conformada por tres importantes asociacións no territorio de Galicia: ASPAYM Galicia, AUXILIA Lugo e SODINAUTICA. Entre os seus obxectivos podemos destacar o promover e fomentar a igualdade de oportunidades e mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade. Todo isto a través do desenvolvemento de programas e actuacións concretas no ámbito do ocio, a cultura, o turismo e a asistencia persoal, sectores nos que PREDIF é referente. Actualmente PREDIF Galicia ten o seu local social na rúa Curtis, nº 10 baixo, 15009 A Coruña.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse gratuitamente no enderezo eletrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e no teléfono 607853560.