O 2 de xuño convocamos xunto con AUXILIA Lugo e Lugo Monumental a presentación da xornada de Fomento da Accesibilidade Universal "Ponte nas Miñas Botas" no Multiusos de Lugo. Na presentación de esta actividade tamén partipou a concelleira Ana Abelleira, así como respresentantes de Raiolas Lugo, Lugo Monumental e AUXILIA Lugo. A Xornada de Fomento de Accesibilidad Universal, que contará coa colaboración da ONCE, Raiolas Lugo, UDP, ASORLU, Rede Museística Provincial, Ortopedia Edensalus, e organizada por PREDIF Galicia, AUXILIA Lugo e Lugo Monumental, realizarase o 9 de xuño na Praza da Soidade. Pola tarde, no Museo Provincial, organizaranse unhas mesas debate cos principales representantes da discapacidade en Lugo. Estas Xornadas teñen dous obxectivos moi concretos: servir como ferramenta de sensibilización social, a través da organización de varias mesas nas que se levarán a cabo actividades para que calquera poida poñerse no lugar e enfrentarse ás barreiras que día a día teñen que superar as persoas con discapacidade; e ser un punto de encontro para os representantes das diferentes discapacidades da cidade de Lugo, para poder compartir e debatir cales son as necesidades prioritarias en canto á accesibilidade dos seus respectivos colectivos.