Main content

PREDIF organiza os días 27 e 28 de xuño o I Congreso Internacional de Asistencia Persoal en Valladolid.

O obxectivo Xeral de este congreso é promocionar a figura do Asistente Persoal e a filosofía do modelo de vida independente en situación de dependencia, familiares, profesionais dos servizos sociais, entidades do terceiro sector e persoas en situación de desemprego como posibles asistentes persoais.

En 1996 nace PREDIF, cando as grandes federacións de persoas con discapacidade física gravemente afectadas (usuarios de cadeiras de rodas maioritariamente), a Federación Nacional ASPAYM e a Federación de Coordinadoras de Minusválidos Físicos das Comunidades Autónomas de España (COAMIFICOA), deciden unirse co obxectivo de defender os intereses específicos das persoas con discapacidade física de España e con a clara vocación de incorporar o pluralismo na representatividade dos mesmos.

Pero os dereitos das persoas con discapacidade estiveron sempre minguados ao longo da historia, e neste tempo, aínda que se avanzou de forma significativa nos mesmos, non foi o suficiente para situar as persoas con discapacidade nun equilibrio social en dereitos e oportunidades.

Partindo da desvantaxe que sempre tiveron as persoas con gran discapacidade, dende PREDIF marcámonos o reto de impulsar a figura do Asistente Persoal,  como garantía para que estas persoas poidan ter o verdadeiro control das súas vidas, algo que sempre mantiveron minguado y que reclaman dende fai tempo, e para isto é necesario que esta figura se coñeza, tanto polas persoas en situación de dependencia e os seus familiares, como por profesionais dos servizos sociais, que son quen asignan esta prestación no marco da Lei 39/2006 de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia.

PREDIF leva tempo traballando en promocionar esta figura que, como se sinalou anteriormente aínda é moi descoñecida, pero co convencemento de que é o medio que maior garantía ofrece ás persoas para conseguir a súa autodeterminación, a súa inclusión, igualdade de oportunidades e mellora da súa calidade de vida.

Para acadar o fin que pretendemos é necesario que as propias persoas con discapacidade coñezan os beneficios que ofrece o servizo de asistencia persoal e cómo xestionalo. No marco da consecución de estes obxectivos PREDIF presenta este congreso.

Máis información no seguinte enlace:

http://asistenciapersonal.predif.org/