O día 4 de maio acudimos ao V Congreso Nacional de Pacientes Crónicos, que tivo lugar en Pontevedra os días 4 e 5 de maio. A reunión tiña como obxectivos fundamentais a formación e a participación activa no Sistema Nacional de Saúde dos pacientes crónicos. Tamén contouse coa participación de distintas entidades do movementos asociativo de pacientes crónicos, así como coa Plataforma de Organizacións de Pacientes, o Foro Español de Pacientes e outras asociacións locais e autonómicas de pacientes crónicos e persoas con discapacidade.
Este congreso foi organizado pola Sociedade Española de Médicos de Atención Primaria (SEMERGEN), e levouse a cabo no vestíbulo, Auditorio e Seminarios do Pazo da Cultura de Pontevedra.
No acto inaugural participaron o presidente da Sociedade, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández, e a deputada de Cohesión Social Rosa Rivas. No congreso déronse varios foros de debate, mesas redondas, diferentes talleres organizados polas asociacións de pacientes e un circuíto de saúde para que as persoas se achegaran e puidesen coñecer o seu estado físico xeral.