Main content

O 30 de marzo acudimos á inauguración da 16 Bienal de Teatro da ONCE, que se leva a cabo en Galicia a través dunha serie de espectáculos teatrais interpretados por compañías de teatro nas que hai persoas con discapacidade (visual e outras). Na inauguración, que contou coa presencia do conselleiro de Política Social, Xosé Manuel Rey Varela, o delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, e o alcalde de A Coruña, Xulio Ferreiro, entre outras autoridades, púxose de manifesto a necesidade de que se siga traballando pola accesibilidade nos teatros.

A obra de teatro estaba audio-descrita e había dous intérpretes de lingua de signos nun dos laterais para que as persoas con discapacidade auditiva puidesen desfrutar da obra.