Os días 15, 16 e 17 de marzo, PREDIF e as súas entidades (ASPAYM, Coamificoa e ECOM, e os PREDIF autonómicos) celebraron unhas xornadas técnicas en Córdoba, onde se puxeron en común os intereses de cada unha e se marcaron obxectivos comúns para un futuro, con motivo do 20 aniversario de PREDIF Estatal.
O xerente de PREDIF Galicia, que acode a estas Xornadas representando á plataforma galega, participa no primeiro día en una das mesas para dar una breve explicación da entidade PREDIF Galicia, así como do seu percorrido e as actuacións que se van a desenvolver. Nesta mesa participan os representantes dos distintos PREDIF Autonómicos.
Acode tamén a estas Xornadas o Director Xeral de Fundación ONCE, José Luis Martínez Donoso, para participar nunha mesa, así como representantes das administracións públicas, como a conselleira de Igualdade e Políticas Sociais, María José Sánchez Rubio, que apoiou a presentación da plataforma Codisa-PREDIF Andalucía. Tamén houbo representación do Departamento de Proxectos e do Departamento de Fondos Europeos de Fundación ONCE.