Main content

O día 26 de abril de 2016, se concerta unha reunión coa entidade SODINAUTICA que vai formar parte da nosa Federación PREDIF Galicia. É unha entidade que desenvolve a súa actividade no ámbito das actividades náuticas adaptadas. Teñen suscrito un convenio coa Federación Galega de Motonáutica para realizar as prácticas para a obtención da licenza de navegación básica que permite a condución de embarcacións a motor de ata 6 metros de eslora. Por outro lado, teñen un pantalán adaptado para que as persoas con discapacidade poidan deixar os seus barcos atracados de maneira gratuita. Se fai unha viaxe na pequena embarcación para analizar a posibilidade de realizar a actividade por parte de beneficiarios de ASPAYM Galicia.

Dende SODINAUTICA tamén se organizan diferentes actividades de ocio con entidades do terceiro sector, clubs náuticos e participan en saídas recreativas de outros colectivos en relación a actividades náuticas e ao turismo accesible.