Main content

O día 04 de maio de 2016 convócase a Asemblea Xeral de PREDIF Galicia en Lugo para formalizar a nova Xunta Directiva da entidade.

Se realiza unha presentación da entidade PREDIF Galicia, os servizos e programas que desenvolven a nivel estatal, e as aplicacións para móbil e smarphone de PREDIF, así como proxectos que se foron planificando para desenvolver este exercicio 2016.

Adicionalmente, se plantexa a posibilidade de montar actividades en cada cidade de Galicia nas que están ubicadas as entidades de PREDIF Galicia, para aflorar o Turismo Accesible, e a posibilidade de que a cidade de Lugo, despois de tódolos esforzos que se levaron a cabo dende os colectivos sociais, poida declararse como "cidade accesible". Incídese en que Lugo ten actualmente tres puntos importantes relativos ao Patrimonio da Humanidade (Muraia de Lugo, Catedral de Lugo e o Camiño de Santiago Norte), polo que se plantexa a posibilidade de traballar de cara a por en valor estes elementos turísticos dende a accesibilidade.