Main content

O 10 de maio de 2016 se desplazan o xerente de PREDIF Galicia e unha traballadora de ASPAYM Galicia, a ASPAYM Castela e León. Sendo esta entidade referente, con diferentes Centros de Atención Directa, un Centro Especial de Emprego, Centro de Rehabilitación Funcional, etc., consideramos de vital importancia a visita a esta entidade para replicar metodoloxías exitosas, proxectos referentes e a posibilidade de realizar algún proxecto ou actuación de maneira conxunta.

Nos ensinan as diferentes instalacións, servizos e programas que desenrolan, explícannos todas as actuacións que teñen previstas implementar, e nos entregan documentación relacionada. Tamén nos amosan o Centro Especial de Emprego Javacoya (dedicado ás novas tecnoloxías, deseño de páxinas web, etc.), e nos reunimos con posterioridade para explicarlle os nosos servizos, necesidades e expectativas.