Main content

O día 18 de xuño participamos na celebración do Día da ONCE en Galicia, que este ano celebraba a súa XXIII edición en Padrón  (A Coruña). Houbo gran representación das administracións públicas, co Conselleiro de Política Social José Manuel Rey Varela, a Deputada de Benestar Social da provincia de A Coruña, representantes de tódalas organizacións do sector da discapacidade, como o presidente de COGAMI, da FAXPG e doutras entidades pertencentes ao CERMI Galicia.

Por outra banda tamén asistían a esta comida gran parte dos vendedores da ONCE que procedían de distintas partes de Galicia. Como representantes de PREDIF Galicia, acudiron o presidente, Francisco Vieites e o xerente da entidade, Luis Pedrouzo, ambos convidados pola ONCE.

           Presidente del Consejo Territorial de la ONCE, alcalde de Padrón y Conselleiro José Manuel Rey Varela  Presidente Consejo Territorial de la ONCE en Galicia, Conselleiro de Políticas Sociais José Manuel Rey Varela, y alcalde de Padrón 

Aproveitouse o encontro que se fixo, previo á comida, para conversar con outros representantes de entidades da discapacidade e outras entidades sociais (FADEMGA, Caritas, FSC-Inserta), e para falar co presidente do Consello Territorial da ONCE, Carlos Fernández Lamigueiro, sobre diferentes asuntos relativos á situación actual das entidades da discapacidade.

Incídese tamén na posibilidade de establecer a cidade de Lugo como un punto de dinamización de recursos accesibles, e á vez como un trampolín para toda a provincia en canto a turismo accesible.