O xoves 21 de xullo de 2016, planifícase un voo en parapente biplaza como parte do proxecto PARAPENTE para TODOS
En base a planificación, quédase con 4 persoas con discapacidade física usuarios de cadeira de rodas, o chofer e a traballadora social de ASPAYM Galicia, e o xerente de PREDIF Galicia. Lévanse dúas furgonetas adaptadas para os traslados, recollidas e transpoerte ata o punto de despegue.
O sitio elexido finalmente, debido a cuestión s meteorolóxicas, foi Ponzos, preto de Ferrol, con despegue dende a cima do monte (350 metros de altura), e aterrizaxe nas dunas da praia.
Realizouse unha búsqueda selectiva de restaurantes que fosen accesibles para que as persoas que tivesen que ir ao excusado puidesen facelo antes e despois da actividade, seleccionando finalmente o restaurante da Feira de Mostras, de camino a zona de despegue (15 minutos).
O día de realización da actividade, preparáronse os dous furgóns adaptados de ASPAYM Galicia para os transportes, recolleuse a un dos participantes na estación de tren de A Coruña, e quedouse co resto na Feira de Mostras para comer antes de realizar a actividade. Quedouse coas personas do clube de parapente directamente na zona de aterrizaxe, para subir co piloto que realizaba os saltos e con algúns voluntarios do propio clube.
O final o tempo foi bastante benévolo, polo que ainda que inicialmente valorouse o poñer unha carpa, finalmente non foi necesario. Desplegáronse algunhas sillas para que os acompañantes dos participantes puidesen estar sentados e repartíronse bebidas e cousas para “picar”. O primeiro salto foi espectacular, e a persoa quedou maravillada coa actividade. O segundo salto tamén foi fantástico, cun despegue máis suave que o primeiro. A idea era que saltaran primeiro as 4 persoas que viñan usuarios de cadeira de rodas, outra persoa con discapacidade física e despois os acompañantes.
Ademais da actividade en si, os pilotos do clube de parapente estivéronnos contando anécdotas de diferentes experiecias acaecidas no ámbito do parapente, polo que foi unha xornada, ademáis de divertida, moi instructiva.