Main content

O 13 de outubro de 2016, despois de reunirnos en varias ocasións con Xavier Agrafojo, responsable da Área de Integración Universitaria da USC, firmamos un convenio de colaboración para levar a cabo actuacións conxuntas no ámbito da accesibilidade, e tamén en actividades co obxectivo de promover a igualdade de oportunidades e mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade.