A principios de setembro, tivemos coñecemento, a través dunha das entidades de PREDIF Galicia (ASPAYM Galicia), da celebración en A Coruña dunha Feira da Solidariedade o 16 de outubro, organizada pola plataforma Proxecto Enki, que está sustentada pola Fundación María Xosé Xove e Fundación ABRENTE. Esta Feira da Solidariedade, concretábase na organización dunha carreira solidaria, coa venta de dorsais para recadar fondos para levar a cabo proxectos sociais. Consultouse cos membros da Xunta Directiva de PREDIF Galicia, e decidiuse participar, chamando aos organizadores do evento. Respondéronnos positivamente, indicándonos que teríamos dispoñible un stand. Solicitáronse posters e cartelería a PREDIF Estatal, e adquiriuse material para o montaxe do stand.
Deixouse todo preparado e decidiuse poñer como centro de operacións a oficina, ónde acudiron o 16 de outubro a traballadora social e o chofer de ASPAYM Galicia, e o xerente de PREDIF Galicia xunto con dous voluntarios. A televisión, tablet e cableado para o stand conseguíronse mediante cesión; editáronse diferentes vídeos coas fotos das actividades realizadas ata o momento no ámbito do turismo accesible por PREDIF Galicia (Encontro de Patróns e Xornada con SODINAUTICA, celebración do Día Mundial do Turismo e Parapente para Todos).
A xornada foi un éxito de participación total, con preto de 3.000 corredores na carreira, participación de entidades da discapacidade como COGAMI, a ONCE, a FAXPG, ASPACE, etc., e moitas persoas achegáronse para informarse sobre Turismo Accesible e a aplicación TUR4All. Outras persoas achegáronse por curiosidade, explicándolles os programas, servizos e actividades que levamos a cabo.