O sábado 17 de decembro organizamos, xunto coa entidade SODINAUTICA, unha xornada de ocio e turismo náutico accesible, pola ría de Vigo.O denominado "Encontro de Patróns", no que patróns con experiencia e embarcacións propias, colaboran nesta actividade para que as persoas que obtiveron a licenza para a pilotaxe de embarcacións recentemente, poidan conducir diferentes tipos e profundizar na súa experiencia navegando, á vez que coñecen a ría de Vigo dende o mar, constituíndo unha actividade turística accesible formidable.
Dende PREDIF Galicia organizouse a asistencia a esta actividade de tódolos participantes no curso celebrado por nós o 26 de novembro de 2016, cunha resposta moi positiva dende a asociación San Xerome Emiliani, polo que quedamos ás 12:00 a.m. no Porto de Bouzas en Vigo, onde SODINAUTICA dispón dun pantalán accesible. Acudiron un total de nove participantes e dous traballadores da asociación San Xerome, 3 patróns experimentados coas súas respectivas embarcacións e o xerente de PREDIF Galicia.
A xornada transcurriu cun tempo fantástico, polo que decidiuse navegar ata o porto de Cangas (a 20 minutos a bo ritmo), repartidos os 9 patróns en 3 barcos diferentes, e se lles seu a oportunidade de cambiar de barco, polo que tódolos novos patróns tiveron a oportunidade de probar tres embarcacións de diferentes características.
Tamén aproveitamos a ocasión para visitar un barco que actualmente está en reparación no porto de Vigo, o ASTORIA, cunha historia abraiante de viaxes transoceánicos e accidentes marítimos, que nos relatou Oswaldo (presidente de SODINAUTICA).
Comimos nun restaurante en Cangas todos xuntos, Oswaldo deunos algunhas nocións sobre os distintos tipos de chalecos salvavidas e diferentes aspectos relacionados coa navegación, e partimos de volta.
Foi unha experiencia fenomenal de ocio e turismo acceisble, coñecendo a ría de Vigo dende o mar, e dando a oportunidade a personas con discapacidade de participar de esta experiencia turística, por unha banda, e de aprendizaxe e profundización na navegación accesible, por outra.