Main content

O martes 7 de marzo PREDIF Galicia organiza, xunto coa Asociación SODINÁUTICA, unha entrega presencial das licenzas de navegación do curso que fixemos en Vigo a finais de novembro. Acude ao acto a deputada de Cohesión Social e Xuventude da provincia de Pontevedra, Digna Rosa Rivas Gómez, membros da Federación Motonáutica Galega, da Asociación SODINÁUTICA, a presidenta da Asociación AVANZAR de Cuntis e membros da Asociación AMIZADE de Pontevedra. O acto levouse a cabo ás 18:30 p.m. no edificio da Deputación en Vigo.
 
Fíxose unha entrega en man das licenzas, facendo partícipes do acto aos verdadeiros protagonistas, que son os alumnos que participaron neste curso para a obtención da licenza de navegación básica, que habilita para a conducción de embarcacións a motor de ata 6 metros de eslora e motos náuticas de clase C. Formáronse un total de 15 persoas con discapacidade e dous voluntarios, aínda que non todos poideron estar presentes no acto, debido a que houbo participantes doutras provincias de Galicia (Lugo, A Coruña), que non puideron desplazarse. A nosa máis sincera noraboa a tódolos novos "patróns".
 
Agradecer á Deputación de Pontevedra a súa implicación e participación en actuacións de cara a mellorar a accesibilidade na provincia, así como o cálido recibimento que nos deron. Tamén agradecer a tódolos participantes do curso a súa disponibilidade para acudir ao acto, así como aos traballadores que viñeron cós alumnos da Asociación San Xerome Emiliani, que se desplazaron dende A Guarda. E como non, especial agradecemento á Federación Motonáutica Galega e á Asociación SODINÁUTICA, entidades que colaboraron con nós en todo momento e sen as que este curso non se podería facer realidade.