PREDIF xestiona un programa anual de viaxes de turismo e termalismo cofinanciado polo IMSERSO do que se poden beneficiar as persoas con discapacidade.
Os obxectivos das viaxes son os seguintes:
- Facilitar ás persoas con grande discapacidade, a práctica dunhas actividades de ocio similares ao resto da sociedade, dentro dun ambiente normalizado e co apoio persoal que precisan.
- Propiciar a independencia persoal.
- Evitar o deterioro funcional das persoas con discapacidade.
- Proporcionar respiro familiar.
- Mellorar o estado xeral de saúde dos beneficiarios.
- Fomentar as relacións sociais das persoas con discapacidade.
As nosas viaxes inclúen:
- Viaxe de ida e volta en autobús adaptado (con saída e volta dende Madrid, salvo que se especifique o contrario).
- Autocar adaptado durante toda a estancia para excursións.
- Seguro de viaxeiros.
- Monitores de apoio (un requisito indispensable é que os que necesiten de axuda de terceira persoa leven o seu propio acompañante).
- Hotel accesible, en réxime de pensión completa, excepto aqueles turnos nos que se especifique o contrario no programa.
- Habitación doble compartida.
- Todos os viaxen inclúen un mínimo de dúas excursións programadas, e a posibilidade de realizar máis actividades adicionais (o desenrolo das mismas estará suxeito a que non exista ningún contratempo de forza maior e sempre e cando a maioría do grupo esté de acordo e haxa un mínimo de participantes.
Documentación necesaria:
- Fotocopia do DNI do beneficiario e do acompañante (no seu caso).
- Fotocopia do certificado de discapacidade ou tarxeta acreditativa.
- Declaración xurada de non ter realizado neste ano outros viaxes subvencionados polo IMSERSO.
- Solicitude cumprimentada en todos os seus apartados.
- Informe médico (so para o programa de TERMALISMO).
- Fotocopia do título de Familia Numerosa (no seu caso).
- Acreditación de que os ingresos enconómicos da Unidade Familiar de Convivencia (UEC) sexan igual ou menor a 7.726 €/ano (no seu caso).
Toda a documentación debe enviarse por correo con 45 días de antelación sobre a data prevista de saída do viaxe solicitado.