Main content

A Confederación PREDIF (Plataforma Representativa Estatal de Personas con Discapacidad Física) é unha entidade sen ánimo de lucro, de ámbito estatal que representa e realiza programas a favor de máis de cen mil persoas con discapacidade gravemente afectadas, de forma directa e indirecta, promovendo accións en beneficio de tódalas persoas con discapacidade física en España. Conta cunha experiencia, a través das súas Federacións membro, de máis de 30 anos.

PREDIF foi declarada de utilidade pública polo Ministerio do Interior en virtude da Orde de 12 de febreiro do 2003. Creada no ano 1996 coa unión das dúas grandes Federacións de Persoas con Discapacidade Física gravemente afectados de España, fundamentalmente usuarios de cadeiras de rodas: a Federación Nacional de Aspaym (Parapléxicos e Grandes Discapacidades) e a Federación Coamificoa (Coordinadora de Persoas con Discapacidade Física das Comunidades Autónomas). Actualmente, ademáis das entidades mencionadas, tamén forman parte de PREDIF a Confederación ECOM e os sete PREDIF autonómicos: Illas Baleares, Principado de Asturias, Andalucía, Comunidade Valenciana, Rexión de Murcia, Castela e León e Galicia); manteñen o obxectivo común da defensa dos intereses específicos das persoas con grandes discapacidades físicas en España.

PREDIF Galicia (Plataforma Representativa Estatal de Persoas con Discapacidade Física de Galicia) é unha organización tamén sen ánimo de lucro, delegada en Galicia da Confederación PREDIF Estatal, conformada por tres importantes asociacións do ámbito da discapacidade no territorio de Galicia, que son as seguintes: AUXILIA Lugo, SODINAUTICA e ASPAYM Galicia. Actualmente PREDIF Galicia ten o seu local social na rúa Curtis, nº 10 baixo, 15009 A Coruña.

Por outra banda, entre as principais liñas de actuación de PREDIF Galicia, podemos destacar as seguintes: mellorar a calidade de vida e a inclusión socio-laboral das persoas con gran discapacidade física; prestar servizos, así como información e asesoramento ás persoas con discapacidade física que o requiran; coordinar as actuacións das asociación membro que leven á consecución dos seus obxectivos; servir de elemento de cohesión entre as asociación para favorecer contactos, intercambios de información e boas prácticas sobre as súas respectivas actividades, programas e proxectos; levar a cabo proxectos  programas específicos no ámbito do turismo, ocio e cultura accesible; e sensibilizar en Xeral sobre a problemática e dificultades de inclusión socio-laboral das persas con discapacidade física.

O desenvolvemento de esta entidade considérase un obxectivo fundamental a nivel estratéxico, estructural e organizativo, debido a necesidade que se detectou en Galicia de crear e consolidar unha entidade de referencia que:

  • Promova a cohesión e fortalecemento das asociacións federadas de persoas con gran discapacidade física na Comunidade Autonóma de Galicia.
  • Represente ás persoas con gran discapacidade física da CC.AA. de Galicia, e realice actuacións, programas e proxectos que promovan a igualdade de oportunidades e a inclusión socio-laboral e cultural das persoas con discapacidade.
  • Consiga un fortalecemento da estructura asociativa e federativa, implementado sinerxias e potenciando a replicabilidade das súas actuacións e proxectos.
  • Leve a cabo un novo plantexamento e dinamización de proxectos relacionados coa inclusión socio-laboral, o ocio e o turismo accesible, e a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade física
  • Organice a celebración de xornadas, congresos, mesas de traballo e outras actividades que promovan a igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade, así como a accesibilidade universal de maneira transversal.
  • Realice accións de sensibilización orientadas ao ocio e o turismo accesible para as persoas con discapacidade
  • Deseñe e imparta accións formativas e de emprego para persoas con discapacidade