Main content

En Galicia realizarase este martes 27 unha visita guiada accesible á Muralla de Lugo e ao Museo Provincial de Lugo, que contará con intérprete de Lingua de Signos e con un itinerario accesible. O acto comezará ás 12:00 horas na Praza Maior de Lugo, onde se realizará unha breve presentación do Día Mundial do Turismo, seguido dun pequeno percorrido accesible pola Muralla de Lugo e unha visita ao Museo Provincial de Lugo, rematando a actividade cun brinde simbólico para celebrar o binomio turismo e accesibilidade. A actividade finalizará ás 14:00 horas.

Nesta actividade, que será totalmente accesible e conta coa colaboración do Concello de Lugo, a Xerencia da Rede Museística Provincial de Lugo e o Museo Provincial de Lugo, participarán diferentes representantes dos grupos municipais do Concello, así como representación da Dirección Xeral de Turismo de Galicia, o presidente do Consello Territorial da ONCE en Galicia e o seu delegado territorial, así como o director da Axencia da ONCE en Lugo. Por outra banda, tamén asistirá a concelleira de Cultura, así como representación de entidades da discapacidade de Galicia e Lugo.

Escolleuse a cidade de Lugo para celebrar este acto, debido a que creemos que é un exemplo de accesibilidade grazas ao traballo das entidades sociais, como AUXILIA Lugo, que colaborou e participou activamente na adaptación da Muralla de Lugo para facela accesible, ou a adaptación do Museo Provincial de Lugo, o cal é un referente no ámbito da accesibilidade universal.


Ademais, previamente á celebración do Día Mundial do Turismo, AUXILIA Lugo vai  presentar, xunto coa Concelleira de Cultura e o presidente de PREDIF Galicia, unhas Guías sobre Rutas accesibles actualizadas ao casco histórico de Lugo; ditas guías foron elaboradas por AUXILIA Lugo. A presentación terá lugar ás 11:30 horas no consistorio municipal.

A accesibilidade é un elemento importante para a cidade e o Concello de Lugo, estase traballando para seguir promovendo o Turismo Inclusivo. Proba disto, son os premios recibidos polo seu traballo no ámbito da accesibilidade (Premio Raíña Sofía de accesibilidade e Destino Turístico Accesible), e a recente presentación da candidatura da cidade de Lugo ao galardón europeo de accesibilidade (Access City Award), candidatura que PREDIF Galicia apoia, recoñecendo o traballo que se realizou pola accesibilidade en todo o entorno da cidade de Lugo nos últimos anos.   

 

                             

O mércores 21 de setembro desplazámonos á sede da FAXPG en A Coruña para firmar un convenio de colaboración, froito de diferentes reunións establecidas anteriormente para realizar actuacións conxuntas no ámbito da discapacidade.

En dito convenio preténdese favorecer o inicio de actuación conxuntas no ámbito da accesibilidade e o turismo. Por outra banda, tamén persíguese un asesoramento mutuo e un respaldo conxunto de ambas entidades ante as administracións en materia de accesibilidade e inclusión.

 

O 22 de xullo, PREDIF Galicia é convidada a participar, como entidade representante da discapacidade en Galicia, á firma do convenio entre a Xunta de Galicia e a Fundación Vodafone Connecting for Good Galicia. Este programa foi impulsado a través de AMTEGA e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, para desenvolver iniciativas emprendedoras de innovación social dixital.

Mesa de representantes firma convenio Connecting for Good y público asistente