Main content

O día 20 de decembro desplazámonos a Bergondo co motivo da asistencia á celebración do X Aniversario do Centro de Promoción da Autonomía Persoal (CPAP) do IMSERSO en Bergondo, ao que acuden tamén directivos de ASPAYM Galicia. ASPAYM Galicia, que pertence a PREDIF Galicia, está actualmente colaborando con este centro situado na provincia de A Coruña, a través do seu servicio de transporte adaptado. Participan neste acto o xerente e o secretario de PREDIF Galicia, así como a traballadora social e o presidente de ASPAYM Galicia. O acto lévase a cabo nun ambiente festivo e cunha alta participación e representación das administracións públicas.
 
Por outra banda, tivemos a oportunidade de falar co director Francisco Nieto Pol, e outros traballadores do centro, plantexando a posibilidade de levar a cabo actuacións conxuntas no ámbito do ocio e o turismo accesible.