Main content

  • CERMI (Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade), onde PREDIF conta cun representante no Comité Executivo e dous representantes na Asemblea de Representantes.
    Dentro da estructura de traballo do CERMI, PREDIF está presente en varias comisións e grupos de traballo, así como en distintas comisións de seguimento de convenios firmados entre o propio CERMI e distintos Ministerios.
    O obxectivo é facer chegar ao máximo órgano de representación das persoas con discapacidade en España as necesidades específicas dos nosos representados.

  • CERMI Galicia (Comité de Representantes de Persoas con discapacidade de Galicia), onde PREDIF galicia é unha entidade membro. O obxetivo é facer chegar ó máximo órgano de representación das persoas con discapacidade en Galicia as necesidades específicas dos nosos representados.
  • Consello Nacional das Persoas con Discapacidade, dependente do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, no que PREDIF ostenta una vogalía.

  • FIMITIC (Federación Internacional de Minusválidos Físicos), asociación de ámbito europeo integrada no Foro Europeo da Discapacidade (EDF). FIMITIC é unha federación de entidades europeas co obxectivo de promover a igualdade de oportunidades para persoas con discapacidade e loitar contra a discriminación. Ten plantexados unha serie de obxectivos prioritarios:
    •  Mellorar as relacións sociais das persoas con discapacidade en todo o mundo.
    • Fortalecer os poderes das organizacións nacionais.
    • Ampliar o intercambio de experiencias e opinións a través de reunións e conferencias.
    • Desenvolver formas de aproximación ás autoridades, institucións influíntes e organismos de ámbito internacional, co fin de incrementar os dereitos e oportunidades das persoas con discapacidade física e que estas poidan participar plenamente da vida comunitaria.
      PREDIF ten un representante no seu Comité Executivo.