Main content

0. OBXECTO E ACEPTACIÓN

O presente aviso legal regula o uso do sitio web predifgalicia.org (en adiante, A WEB), do que é titular PREDIF Galicia (en adiante, O PROPIETARIO DA WEB). A navegación polo sitio web de O PROPIETARIO DA WEB atribúe a condición de usuario do mesmo e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste Aviso Legal, que poden sufrir modificacións.

O usuario obrígase a facer un uso correcto do sitio web de conformidade coas leis, a boa fe, a orde pública, os usos do tráfico e o presente Aviso Legal. O usuario responderá fronte a O PROPIETARIO DA WEB ou fronte a terceiros, de calquera dano ou prexuízos que puideran causarse como consecuencia do incumprimento de dita obrigación.

1. IDENTIFICACIÓN E COMUNICACIÓNS

O PROPIETARIO DA WEB, en cumprimento da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, infórmalle de que:

A súa denominación social é: PREDIF Galicia.

O seu CIF é: G15811524.

O seu domicilio social está en: C/ Curtis, nº10 baixo 15009 - A Coruña.

Inscrita no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia.

Para comunicarse con nós, poñemos a súa disposición diferentes medios de contacto que detallamos a continuación:

Tfno: 881 873 507 / Fax: 881 888 919.

Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Todas as notificacións e comunicacións entre os usuarios e O PROPIETARIO DA WEB consideraranse eficaces, a todos os efectos, cando se realicen a través de correo postal ou calquera outro medio dos detallados con anterioridade.

2. CONDICIÓNS DE ACCESO E UTILIZACIÓN

O sitio web e os seus servizos son de acceso libre e gratuíto, sen embargo, O PROPIETARIO DA WEB condiciona a utilización dalgúns dos servizos ofrecidos na súa web cumprimentando previamente o correspondente formulario.

O usuario garante a autenticidade e actualidade de todos aqueles datos que comunique a O PROPIETARIO DA WEB e será o único responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice.

O usuario comprométese expresamente a facer un uso adecuado dos contidos e servizos de O PROPIETARIO DA WEB e a non empregalos para, entre outros:

a) Difundir contidos relacionados con calquera delito, violentos, pornográficos, racistas, xenófobos, ofensivos, de apoloxía do terrorismo ou, en xeral, contrarios á lei ou ao orde público.

b) Introducir na rede virus informáticos ou realizar actuacións susceptibles de alterar, alterar, estragar, interromper ou xerar erros ou danos nos documentos electrónicos, datos ou sistemas físicos e lóxicos de O PROPIETARIO DA WEB ou de terceiras persoas; así como obstaculizar o acceso de outros usuarios ao sitio web e a os seus servizos mediante o consumo masivo dos recursos informáticos a través dos cales O PROPIETARIO DA WEB presta os seus servizos.

c) Intentar acceder ás contas de correo electrónico doutros usuarios ou a áreas restrinxidas dos sistemas informáticos de O PROPIETARIO DA WEB ou de terceiros e, no seu caso, extraer información.

d) Vulnerar os dereitos de propiedade intelectual ou industrial, así como violar a confidencialidade da información de O PROPIETARIO DA WEB ou de terceiros.

e) Suplantar a identidade doutro usuario, das administracións públicas ou dun terceiro.

f) Reproducir, copiar, distribuír, poñer a disposición de, ou calquera outra forma de comunicación pública, transformar ou modificar os contidos, a menos que se conte coa autorización do titular dos correspondentes dereitos ou isto resulte legalmente permitido.

g) Solicitar datos con finalidade publicitaria e de remitir publicidade de calquera clase e comunicacións con fins de venta ou outras de natureza comercial sen que medie a súa previa solicitude ou consentimento.

Tódolos contidos do sitio web, como textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconos, tecnoloxía, software, así como o seu deseño gráfico e códigos fonte, constitúen unha obra cuxa propiedade pertence a O PROPIETARIO DA WEB, sen que poidan entenderse cedidos ao usuario ningún dos dereitos de explotación sobre os mesmos máis aló do estritamente necesario para o correcto uso da web.

En definitiva, os usuarios que accedan a este sitio web poden visualizar os contidos e efectuar, no seu caso, copias privadas autorizadas sempre que os elementos reproducidos non sexan cedidos posteriormente a terceiros, nin se instalen a servidores conectados a redes, nin sexan obxecto de ningún tipo de explotación.

Así mesmo, todas as marcas, nomes comerciais ou signos distintivos de calquera clase que aparecen no sitio web son propiedade de O PROPIETARIO DA WEB, sen que poida entenderse que o uso ou acceso ao mesmo atribúa ao usuario dereito algún sobre os mesmos.

A distribución, modificación, cesión ou comunicación pública dos contidos e calquera outro acto que non houbera sido expresamente autorizado polo titular dos dereitos de explotación quedan prohibidos.

O establecemento dun hipervínculo non implica en ningún caso a existencia de relacións entre O PROPIETARIO DA WEB e o propietario do sitio web na que se estableza, nin a aceptación e aprobación por parte de O PROPIETARIO DA WEB dos seus contidos ou servizos. Aquelas persoas que se propoñan establecer un hipervínculo previamente deberán solicitar autorización por escrito a O PROPIETARIO DA WEB. En todo caso, o hipervínculo únicamente permitirá o acceso á home-page ou páxina de inicio do noso sitio web, así mesmo deberá absterse de realizar manifestacións ou indicacións falsas, inexactas ou incorrectas sobre O PROPIETARIO DA WEB, ou incluír contidos ilícitos, contrarios ás boas costumes e ao orden público.

O PROPIETARIO DA WEB non se responsabiliza do uso que cada usuario lle de aos materiais postos a disposición neste sitio web nin das actuacións que realice en base aos mesmos.

3. EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E DE RESPONSABILIDADE

O contido do presente sitio web é de carácter xeral e ten unha finalidade meramente informativa, sen garantir plenamente o acceso a tódolos contidos, nin a súa exhaustividade, corrección, vixencia ou actualidade, nin a súa idoneidade ou utilidade para un obxectivo específico.

O PROPIETARIO DA WEB exclúe, ata onde permite o ordenamento xurídico, calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza derivados de:

a) A imposibilidade de acceso ao sitio web ou a falta de veracidade, exactitude, exhaustividade e/ou actualidade dos contidos, así como a existencia de vicios e defectos de toda clase dos contidos transmitidos, difundidos, almacenados, postos a disposición, aos que se houbera accedido a través do sitio web ou dos servizos que se ofrecen.

b) A presenza de virus ou de outros elementos nos contidos que poidan producir alteracións nos sistemas informáticos, documentos electrónicos ou datos dos usuarios.

c) O incumprimento das leis, a boa fe, a orde pública, os usos do tráfico e o presente aviso legal como consecuencia do uso incorrecto do sitio web. En particular, e a modo exemplificativo, O PROPIETARIO DA WEB non se fai responsable das actuacións de terceiros que vulneren dereitos de propiedade intelectual e industrial, secretos empresariais, dereitos ao honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, así como a normativa en materia de competencia desleal e publicidade ilícita.

Así mesmo, O PROPIETARIO DA WEB declina calquera responsabilidade respecto á información que está fora de esta web e non sexa xestionada directamente polo noso webmaster. A función dos links que aparecen nesta web é exclusivamente a de informar ao usuario sobre a existencia doutras fontes susceptibles de ampliar os contidos que ofrece este sitio web. O PROPIETARIO DA WEB non garante nin se responsabiliza do funcionamento ou accesibilidade dos sitios enlazados; nin suxire, invita ou recomenda a visita aos mesmos, polo que tampouco será responsable do resultado obtido. O PROPIETARIO DA WEB non se responsabiliza do establecemento de hipervínculos por parte de terceiros.

4. POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Cando precisemos obter información pola súa parte, sempre lle solicitaremos que nola proporcione voluntariamente de forma expresa. Os datos solicitados a través dos formularios de recollida de datos do sitio web ou outras vías serán incorporados a un ficheiro de datos de carácter persoal debidamente inscrito no el Rexistro Xeral de Protección de Datos da Axencia Española de Protección de Datos, do cal é responsable O PROPIETARIO DA WEB. Esta entidade tratará os datos de forma confidencial e exclusivamente coa finalidade de ofrecer os servizos solicitados, con tódalas garantías legais e de seguridade que impón a Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro e a Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico.

O PROPIETARIO DA WEB comprométese a non ceder, vender, nin compartir os datos con terceiros sen a súa aprobación expresa.

Así mesmo, PREDIF Galicia cancelará ou rectificará os datos cando resulten inexactos, incompletos ou haxan deixado de ser necesarios ou pertinentes para a súa finalidade, de conformidade co previsto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

O usuario poderá revocar o consentimento prestado e exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose a tal efecto ao domicilio social de PREDIF Galicia, sito en C/ Curtis, nº10 baixo 15009 - A Coruña, identificándose debidamente e indicando de forma visible o concreto dereito que se exerce.

O PROPIETARIO DA WEB adopta os niveis de seguridade correspondentes requiridos pola citada Lei Orgánica 15/1999 e demais normativa aplicable. Con todo, non asume ningunha responsabilidade polos danos e prexuízos derivados de alteracións que terceiros poden causar nos sistemas informáticos, documentos electrónicos ou ficheiros do usuario.

O PROPIETARIO DA WEB poderá utilizar cookies durante a prestación de servizos do sitio web. As cookies son ficheiros físicos de información persoal aloxados no propio terminal do usuario. O usuario ten a posibilidade de configurar o seu programa navegador de maneira que se impida a creación de arquivos cookie ou se advirta da mesma.

Se opta por abandonar o noso sitio web a través de enlaces a sitios web non pertencentes a nosa entidade, O PROPIETARIO DA WEB non se fará responsable das políticas de privacidade de ditos sitios web nin das cookies que estes poidan gardar no ordenador do usuario.

A nosa política con respecto ao correo electrónico céntrase en remitir unicamente comunicacións que vostede haxa solicitado recibir.

Se prefire non recibir estas mensaxes por correo electrónico ofrecerémoslle a través dos mesmos a posibilidade de exercer o seu dereito de cancelación e renuncia á recepción de estas mensaxes, en conformidade co disposto no Título III, artigo 22 da Lei 34/2002 de Servizos para a Sociedade da Información e de Comercio Electrónico.

5. PROCEDEMENTO NO CASO DE REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE CARÁCTER ILÍCITO

No caso de que calquera usuario ou un terceiro considere que existen feitos ou circunstancias que revelen o carácter ilícito da utilización de calquera contido e/ou da realización de calquera actividade nas páxinas web incluídas ou accesibles a través do sitio web, deberá enviar unha notificación a O PROPIETARIO DA WEB identificándose debidamente, especificando as supostas infraccións e declarando expresamente e baixo a súa responsabilidade que a información proporcionada na notificación é exacta.

Para toda cuestión litixiosa que incumba ao sitio web de O PROPIETARIO DA WEB, será de aplicación a lexislación española.

6. PUBLICACIÓNS

A información administrativa facilitada a través do sitio web non substitúe a publicidade legal das leis, normativas, plans, disposicións xerais e actos que teñan que ser publicados formalmente nos diarios oficiais das administracións públicas, que constitúen o único instrumento que dá fe da súa autenticidade e contido. A información dispoñible neste sitio web debe entenderse como unha guía sen propósito de validez legal.