Main content

PREDIF Galicia (Plataforma Representativa Estatal de Persoas con Discapacidade Física de Galicia) é unha organización sen ánimo de lucro, delegada en Galicia da Confederación PREDIF Nacional dende o ano 2000, conformada por tres importantes asociacións no territorio de Galicia: ASPAYM Galicia, AUXILIA Lugo e SODINAUTICA. Entre os seus obxectivos podemos destacar o promover e fomentar a igualdade de oportunidades e mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade. Todo isto a través do desenvolvemento de programas e actuacións concretas no ámbito do ocio, a cultura, o turismo e a asistencia persoal, sectores nos que PREDIF é referente.

PREDIF Galicia traballa de cara a mellorar a accesibilidade en tódolos ámbitos da vida das persoas con discapacidade, pero tamén queremos promocionar Galicia como un Destino Turístico Accesible, promovendo o Deseño para Todos e a filosofía de Vida Independente, para contribuir a construir unha sociedade inclusiva.

 

Últimas Novas

30 Mar 2017 11:41
Participación no Proxecto SMARTASSIST de Fundación VODAFONE

O 12 de decembro de 2016 a Fundación VODAFONE convídanos a participar, a PREDIF Galicia e as súas entidades, nun proxecto innovador que están levando [ ... ]

NoticiasLeer mas...
07 Mar 2017 19:00
Facemos entrega das Licenzas de Navegación no edificio da Deputación en Vigo

O martes 7 de marzo PREDIF Galicia organiza, xunto coa Asociación SODINÁUTICA, unha entrega presencial das licenzas de navegación do curso que fixemos [ ... ]

NoticiasLeer mas...
18 Xan 2017 19:22
Xunta Directiva de PREDIF Galicia

Celébrase a Xunta Directiva de PREDIF Galicia o 18 de xaneiro de 2017 en Lugo, na sede da entidade AUXILIA Lugo, que forma parte da nosa Federación. [ ... ]

NoticiasLeer mas...
Otras Noticias

Facebook