Voo a vela
A Dirección Xeral de Aviación Civil, SENASA, (Sociedade para os Ensinos Aeronáuticos Civís) e a Fundación VODAFONE, mediante o convenio subscrito con Predif, poñen a disposición das persoas con discapacidade física un planador adaptado. Ademais a Fundación ONCE e a Fundación VODAFONE aportan unha subvención que permite aos beneficiarios voar pagando unicamente o 20 por cento do costo real do voo (nas diferentes modalidades).
Os obxectivos deste programa son:
- Abrir un novo campo de actividades na área do ocio accesible.
- Realizar cursos de iniciación ao voo a vela en planadores con cabina dobre e con instructor.
- Ofrecer a posibilidade de conseguir un título homologado para o pilotaxe de planadores.
- Facilitar paseos aéreos experimentando a sensación do voo sen motor.
Lugar onde se imparte:
- Centro de SENASA en Ocaña (Toledo), Estrada Nacional IV Km. 64,200.
Actividades a realizar e prezos:
- Voos de divulgación en planador: Consisten nun briefing, no que se explica o manexo do veleiro, e na realización dun voo co instructor en dobre mando, duns 20 minutos de duración. Coste: 8 €.
- Cursos de iniciación ao voo a vela: Consisten en 4 voos con instructor en dobre mando e briefings previos. Este curso se realiza nun so día. Coste: 32 €.
- Cursos para a obtención do título de piloto de voo a vela: É o obxectivo final que persigue a Escola, pero hasta o momento non se puido levar a cabo ante a negativa da sección de medicina aeronáutica da Dirección Xeral de Aviación Civil. Coste: 500 € (prezo aproximado, non inclúe desprazamentos nin o aloxamento).
Documentación necesaria:
- Folla de Inscrición.
- Certificado de Minusvalía (os que voan por primeira vez).
- Xustificante bancario do pago efectuado.