Turismo e termalismo para tod@s
PREDIF xestiona un programa anual de viaxes de turismo e termalismo cofinanciado polo IMSERSO do que se poden beneficiar as persoas con discapacidade.
Os obxectivos das viaxes son os seguintes:
- Facilitar ás persoas con grande discapacidade, a práctica dunhas actividades de ocio similares ao resto da sociedade, dentro dun ambiente normalizado e co apoio persoal que precisan.
- Propiciar a independencia persoal.
- Evitar o deterioro funcional das persoas con discapacidade.
- Proporcionar respiro familiar.
- Mellorar o estado xeral de saúde dos beneficiarios.
- Fomentar as relacións sociais das persoas con discapacidade.
As nosas viaxes inclúen:
- Transporte adaptado, ida e volta, e en destino si se especifica.
- Seguro de viaxeiros.
- Monitores de apoio (un requisito indispensable é que os que necesiten de axuda de terceira persoa leven o seu propio acompañante).
- Hotel accesible, en réxime de pensión completa, excepto aqueles turnos nos que se especifique o contrario no programa.
Documentación necesaria:
- Fotocopia do DNI do beneficiario e do acompañante.
- Fotocopia do certificado de minusvalía.
- Declaración xurada de non ter realizado neste ano outros viaxes subvencionados polo IMSERSO.
- Certificado de compromiso do acompañante.
- Solicitude cumprimentada en todos os seus apartados.
- Informe médico (so para o programa de TERMALISMO).