Galego - Español

Turismo accesible

O programa de "Turismo Accesible" iniciouse en Predif no ano 2002. Xurde como consecuencia da reivindicación do noso colectivo do seu dereito á autonomía e normalización tamén no ocio e o turismo.

O obxectivo principal deste programa é contribuír á normalización do turismo para as persoas con discapacidade.

Con este fin trabállase en dous ámbitos:

  1. Dirixido ao sector turístico, público e privado. Neste ámbito desenvólvense as seguintes liñas de traballo:

    - Sensibilización sobre a necesidade de accesibilidade nos lugares turísticos e centros de ocio.

    - Formación, cursos e seminarios sobre as características de accesibilidade e trato a clientes con discapacidade. Investigación.

    - Asesoría e información a responsables de empresas turísticas e profesionais das administracións turísticas.

    - Participación en proxectos europeos sobre turismo e accesibilidade.

  2. Dirixido aos usuarios, aos turistas con discapacidade. Información sobre destinos e establecementos accesibles.

 


 
Plataforma Representativa Estatal de Discapacitados Físicos de Galicia
Historiador Vedia, 23 baixo | 15004 A Coruña | Tlf.: 981 227 301 Fax.: 981 257 896 | predif-galicia@mundo-r.com | Mapa web | Aviso legal