Galego - Español

Asesoría xurídica

Dende a súa Sede Social, a Confederación pon a disposición dos seus socios este servizo gratuíto, que se executa por vía telefónica, correo postal ou por correo electrónico, durante un día á semana e en horario de mañá.

Foi creada en setembro do 1998, ante a demanda, tanto das Organizacións adscritas á Confederación como das persoas con discapacidade, de poder acudir a un profesional para resolver dúbidas ou cuestións que afectan de forma directa o indirecta a este colectivo.

Neste momento este servizo presta atención xurídica tanto á propia Confederación como ás diversas Organizacións en asuntos organizativos e de cumprimentos legais derivados da súa actividade diaria.

Por outra parte, acoden ao servizo numerosas persoas con discapacidade, por medio de correo ordinario, fax, correo electrónico para asesorarse sobre diversas materias entre as que destacan:

  • Pensións.
  • Traballo.
  • Eliminación de barreiras.
  • Axudas individuais.
  • Fiscalidade.

En definitiva, con este servizo preténdese que todos os que acoden a el poidan asesorarse sobre os seus dereitos e poder actuar con maior precisión e coñecemento na súa actividade. Ademais, este servizo se publicita na revista PLATAFORMA editada pola entidade.

 


 
Plataforma Representativa Estatal de Discapacitados Físicos de Galicia
Historiador Vedia, 23 baixo | 15004 A Coruña | Tlf.: 981 227 301 Fax.: 981 257 896 | predif-galicia@mundo-r.com | Mapa web | Aviso legal