CERMI (Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade), onde PREDIF conta cun representante no Comité Executivo e dous representantes na Asemblea de Representantes. Dentro da estructura de traballo di CERMI, PREDIF esta presente en varias comisións e grupos de traballo, así como en distintas comisións de seguimentos de convenios firmados entre o propio CERMI e distintos Ministerios. O obxectivo é facer chegar ao máximo órgano de representación das persoas con discapacidade en España as necesidades especificas dos nosos representados.
Consello Nacional das Persoas con Discapacidade, dependente do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, no que PREDIF ostenta una vogalía.
FIMITIC (Federación Internacional de Minusválidos Físicos), asociación de ámbito europeo integrada no Foro Europeo da Discapacidade (EDF). FIMITIC é unha federación de entidades europeas co obxectivo é promover a igualdade de oportunidades para persoas con discapacidade e loitar contra a discriminación. Ten plantexados unha serie de obxectivos prioritarios:
Mellorar as relacións sociais das persoas con discapacidade en todo o mundo.
Fortalecer os poderes das organizacións nacionais.
Ampliar o intercambio de experiencias e opinións a través de reunións e conferencias.
Desenvolver formas de aproximación ás autoridades, institucións influíntes e organismos de ámbito internacional, co fin de incrementar os dereitos e oportunidades das persoas con discapacidade física e que estas poidan participar plenamente da vida comunitaria. PREDIF ten un representante no seu Comité Executivo.
Plataforma Representativa Estatal de Discapacitados Físicos de Galicia Historiador Vedia, 23 baixo | 15004 A Coruña | Tlf.: 981 227 301 Fax.: 981 257 896 | predif-galicia@mundo-r.com | Mapa web | Aviso legal