Galego - Español

Que e é que pretende

A Confederación Predif (Plataforma Representativa Estatal de Discapacitados Físicos) é unha entidade sen ánimo de lucro, de ámbito estatal que representa e realiza programas a favor de máis de trinta mil persoas con discapacidade gravemente afectadas, de forma directa e indirecta, promovendo accións en beneficio de todas as persoas con discapacidade física en España. Conta cunha experiencia, a través das súas Federacións membro, de máis de 30 anos.

Predif foi declarada de utilidade pública por el Ministerio do Interior en virtude da Orde de 12 de febreiro do 2003. Creada no ano 1996 coa unión das dúas grandes Federacións de Persoas con Discapacidade Física gravemente afectados de España, fundamentalmente usuarios de cadeiras de rodas: a Federación Nacional de Aspaym (Parapléjicos e Grandes Minusválidos) e a Federación Coamificoa (Coordinadora de Persoas con Discapacidade física das Comunidades Autónomas) manteñen o obxectivo común da defensa dos intereses específicos das persoas con grandes discapacidades físicas en España.

Predif Galicia (Plataforma Representativa Estatal de Discapacitados Físicos de Galicia) é unha organización, tamén sen ánimo de lucro, delegada en Galicia da Confederación Predif Nacional dende o ano 2.000, conformada por dúas grandes asociacións, que se corresponden coas delegacións en Galicia de Aspaym Nacional e de Coamificoa, que son: Aspaym Galicia e a Coordinadora de Asociacións de Minusválidos de Galicia (Camiga). Actualmente Predif Galicia ten o seu local social na rúa Historiador Vedía, 23 baixo de A Coruña.

O principal obxectivo de Predif é promover a igualdade de oportunidades e a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade física gravemente afectadas.

 


 
Plataforma Representativa Estatal de Discapacitados Físicos de Galicia
Historiador Vedia, 23 baixo | 15004 A Coruña | Tlf.: 981 227 301 Fax.: 981 257 896 | predif-galicia@mundo-r.com | Mapa web | Aviso legal