Main content

Folleto del Programa Turismo y Termalismo Para todos

PREDIF xestiona un programa anual de viaxes de turismo e termalismo cofinanciado polo IMSERSO do que se poden beneficiar as persoas con discapacidade.

Os obxectivos das viaxes son os seguintes:

  • Facilitar ás persoas con grande discapacidade, a práctica dunhas actividades de ocio similares ao resto da sociedade, dentro dun ambiente normalizado e co apoio persoal que precisan.
  • Propiciar a independencia persoal.
  • Evitar o deterioro funcional das persoas con discapacidade.
  • Proporcionar respiro familiar.
  • Mellorar o estado xeral de saúde dos beneficiarios.
  • Fomentar as relacións sociais das persoas con discapacidade.

As nosas viaxes inclúen:

  • Viaxe de ida e volta en autobús adaptado (con saída e volta dende Madrid, salvo que se especifique o contrario).
  • Autocar adaptado durante toda a estancia para excursións.
  • Seguro de viaxeiros.
  • Monitores de apoio (un requisito indispensable é que os que necesiten de axuda de terceira persoa leven o seu propio acompañante).
  • Hotel accesible, en réxime de pensión completa, excepto aqueles turnos nos que se especifique o contrario no programa.
  • Habitación doble compartida.
  • Todos os viaxen inclúen un mínimo de dúas excursións programadas, e a posibilidade de realizar máis actividades adicionais (o desenrolo das mismas estará suxeito a que non exista ningún contratempo de forza maior e sempre e cando a maioría do grupo esté de acordo e haxa un mínimo de participantes.

Documentación necesaria:

  • Fotocopia do DNI do beneficiario e do acompañante (no seu caso).
  • Fotocopia do certificado de discapacidade ou tarxeta acreditativa.
  • Declaración xurada de non ter realizado neste ano outros viaxes subvencionados polo IMSERSO.
  • Solicitude cumprimentada en todos os seus apartados.
  • Informe médico (so para o programa de TERMALISMO).
  • Fotocopia do título de Familia Numerosa (no seu caso).
  • Acreditación de que os ingresos enconómicos da Unidade Familiar de Convivencia (UEC) sexan igual ou menor a 7.726 €/ano (no seu caso).

Toda a documentación debe enviarse por correo con 45 días de antelación sobre a data prevista de saída do viaxe solicitado.